Semana 1/8 decembro 2013
Os Portas (The Doors) eran anxelinos ´par excellence’. Coñecían moi ben a cidade do glamour e das miserias humanas. E coñecían moi ben a certo tipo de féminas anxelinas, certamente non tan glamurosas e afortunadas.
Este é o seu homenaxe nun tema eterno e histórico -moito máis nesta versión alternativa do 40º aniversario do disco de lenda ‘LA Woman’ onde Densmore. Krieger, Manzarek e Morrison (a última súa oportunidade de lucidez artística) ofrecen o mellor de si mesmos cunha claridade de ideas musicais insuperábel- …
Värttinä é paradigma da música popular folclórica finesa. O seus músicos e grandes voces femininas fan dos seus traballos musicais unhas delicias auditivas.
‘Kadrilli’ é un exemplo da súa frescura e viveza instrumental.
Coma di o título deste tema, sen metáforas de ningún tipo o trío’Triana’ abriu a porta ao aggiornamento das músicas do sur ibérico. O seu tratamento dos sons sevilláns abriu as orellas dos que non eran tan folclóricos puros e simplemente -que non é pouco- querían música de fusión, rock de raíces do sur.
A voz firme e os teclados do finado Jesús de la Rosa, xunto coa labor impecábel de Eduardo Rodríguez e Juan José Palacios, facían que os temas de ‘Triana’ fosen máxicos e xa lenda na música popular ibérica.
Importante: estas músicas son para o desfrute do espíritu musical de cada un, non para o desfrute das descargas compulsivas. Non se pode descargar nada. Se lle agrada a vostede algo, penso que debería mercalo.