Picks musicais
Semana 16/22 decembro 2013
Os ‘Golpes Bajos’ de Germán Coppini, cecais os compoñentes máis xenuinos da ‘Movida Viguesa’, entre o puro extremo de ‘Siniestro Total’ e o “soft porn pop” de ‘Semen Up’ de Comesaña, e axeitados bos compañeiros de traballo e escenario dos reixanos ‘Resentidos’ , teñen este tema entre os doscientos mellores temas do pop das tribus ibéricas, segundo a revista ‘Rolling Stone España’.
Ainda que isto das listas sempre é moi aleatoriamente subxectivo, neste caso, e dado o carácter histórico na música popular ibérica que ten a ‘Movida Viguesa’, a súa inclusión nesa lista 200 está máis que xustificada.
Coarenta e tres años de existencia da banda ‘America’ . O que nun comezo fora unha aventura de ‘teenagers’ -curiosamente nacida en Londres, onde por avatares da vida familiar vivían Gerry Beckley, Dewey Bunnell, and Dan Peek- convertiuse nun dos hitos máis harmónicos da historía da música popular.
Esta semana queremos ‘Cruzar o río’ con eles, e conducir placidamente pola pintoresca e escénica ‘Ventura Highway’ para desfrutar das súas ligadas e inspiradoras melodías. E facémolo dende o noso total rendemento a súa grandeza musical, tan simple e atractiva que fai que non pase o tempo por ela. E algo más que “un cabalo sen nome”, moito máis.
O ‘Soul’ é tan grande e marabilloso que pode incluso engrandecer aínda máis o legado dos The 4 Fabs de Liverpool.
A desgarrada forza de The Four Tops, mesmo tan top como os de Liverpool, fai deste ‘Eleanor Rigby’ un intre, se cabe, máis intenso e hiperrealista da azarosa e triste historia de Eleanor que Paul McCartney nos regalou orixinalmente aló polo 1966.
Importante: estas músicas son para o desfrute do espíritu musical de cada un, non para o desfrute das descargas compulsivas. Non se pode descargar nada. Se lle agrada a vostede algo, penso que debería mercalo.
Semana 9/15 decembro 2013
China Crisis -un dos paradigmas desa música Techno de tendencia durante tantos anos de século pasado- non é un grupo menor pola súa menor presenza na memoria colectiva das músicas dos anos oitenta.
O seu estilo elegante por simplista, efectivo por claro e emotivo por lírico dan a este xénero musical tan apreciado por moitos/as oitenteiros/as unha tonalidade especial e íntima.
![51JDiA-q8-L._SL500_AA280_[1]](http://zatovisualworks.eu/blog/wp-content/uploads/2013/12/51JDiA-q8-L._SL500_AA280_1.jpg)
Todo o que se queira dicir xa de Chuck Berry a estas alturas da súa película lexendaria pode soar oco e sen calado. Pero os que escoiten este tema instrumental, tan simple e tan fermosamente pintado con acordes e ‘pickings’ clásicos do estilo berriano, poderán voltar a soñar con que Chuck segue entre nós e ‘duckstepping all night long’.
Tan simple e asemade tan polícromo como o rockin’ boogie pode selo.
![1245430135_64ab228348a0a999b5aec010.l[1]](http://zatovisualworks.eu/blog/wp-content/uploads/2013/12/1245430135_64ab228348a0a999b5aec010.l1.jpg)
The Cranberries foron, e son, todo un furacán xurdido da marabillosa musicalidade desa Irlanda tan pequena pero tan grande musicalmente. Esa mestura entre a lírica naïve da voz de Dolores O’Riordan -non exenta da dureza necesaria para sobrevivir a ferocidade do mundo rock- e a potencia eléctrica e rítmica dos seus compañeiros Hogans e Lowler na súa exitosa aventura musical dende a última década do século XX.
Etiquetados de xeito variado -indie rock, alternative rock, celtic rock, dream pop, jangle pop e quen sabe que cousas máis- eles simplemente din que son “irlandeses en busca do acorde perdido no verdor da música popular”.
Importante: estas músicas son para o desfrute do espíritu musical de cada un, non para o desfrute das descargas compulsivas. Non se pode descargar nada. Se lle agrada a vostede algo, penso que debería mercalo.
Semana 1/8 decembro 2013
Os Portas (The Doors) eran anxelinos ´par excellence’. Coñecían moi ben a cidade do glamour e das miserias humanas. E coñecían moi ben a certo tipo de féminas anxelinas, certamente non tan glamurosas e afortunadas.
Este é o seu homenaxe nun tema eterno e histórico -moito máis nesta versión alternativa do 40º aniversario do disco de lenda ‘LA Woman’ onde Densmore. Krieger, Manzarek e Morrison (a última súa oportunidade de lucidez artística) ofrecen o mellor de si mesmos cunha claridade de ideas musicais insuperábel- …
Värttinä é paradigma da música popular folclórica finesa. O seus músicos e grandes voces femininas fan dos seus traballos musicais unhas delicias auditivas.
‘Kadrilli’ é un exemplo da súa frescura e viveza instrumental.
Coma di o título deste tema, sen metáforas de ningún tipo o trío’Triana’ abriu a porta ao aggiornamento das músicas do sur ibérico. O seu tratamento dos sons sevilláns abriu as orellas dos que non eran tan folclóricos puros e simplemente -que non é pouco- querían música de fusión, rock de raíces do sur.
A voz firme e os teclados do finado Jesús de la Rosa, xunto coa labor impecábel de Eduardo Rodríguez e Juan José Palacios, facían que os temas de ‘Triana’ fosen máxicos e xa lenda na música popular ibérica.
Importante: estas músicas son para o desfrute do espíritu musical de cada un, non para o desfrute das descargas compulsivas. Non se pode descargar nada. Se lle agrada a vostede algo, penso que debería mercalo.
Semana 25/30 novembro 2013
Esta xoia é imperecedeira. É un auténtico clásico dos clásicos. Quen bota de menos a batería neste histórico experimento bluseiro -un auténtico ‘Turning point’- que fixo que Mayall se convertise nun mestre total: Pai e avó do World Blues. En Marte aínda lembran tamén este histórico momento musical.
![]()
Carlos Santana na súa plenitude tanto coma músico coma artista co extra do directo, Cecais esta versión non é mellor que a orixinal de estudo, pero é máis madura e está máis preto do século XXI -moi puñeteiro as veces-
A versión en salsa latina deste grande percusionista do xénero. O tema santanián é moi axeitado para o estilo salseiro de Tito Puente -plena enerxía caribeña-
Importante: estas músicas son para o desfrute do espíritu musical de cada un, non para o desfrute das descargas compulsivas. Non se pode descargar nada. Se lle agrada a vostede algo, penso que debería mercalo.