Cousas
O Doutor Frankenstein de Mary Shelley
Foi a escritora gótica-romántica londinense Mary Shelley a que elaborou a magnífica trama frankensteiniana -a primeira novela tildada de ciencia ficción na historia da literatura- na súa obra de 1818 “Frankenstein or The Modern Prometheus”.

Mary Shelley
En plena euforia polos experimentos eléctricos e de galvanización, Shelley presenta ao principal protagonista da historia: O doutor Frankenstein -científico teimudo na creación dun ser humano, demasiado humano de xeito ídem, deixando a divinidade esquenzida e ridiculizada polos albores da ciencia-.
Primeiros experimentos do físico italiano Liugi Galvani
A criatura unida e cosida groseramente polo doutor Frankenstein nunca tivo nome concreto: Na obra aparece nomeadamente como “criatura”, “monstro”, “malvado”, “vil insecto”, “demonio”, “ser” o “ello”, entre outras lindezas.

Gravado da edición de 1831 da obra amosando á “criatura” de Shelley
Non foi até despois das celebradas versións cinematográficas dos anos trinta do século pasado, onde o actor Boris Karloff presentaba a un monstro máis burdamente cosido e puzzleado, cando a cultura popular comezou a denominar á criatura co nome do seu creador “Frankenstein”.

Boris karloff, caraterizado como monstro de Frankestein con “sofisticados” tornillos incluidos
Dende entón até esta segunda década do século XXI ten formado parte da cultura popular dos monstros máis celebrados, e incluso queridos e usados para a parodia e os disfrazes. Semella que “Frankie” ademais serve para casi todo como xocosamente amosamos na columna da dereita…
Un monstro multi-tarefa, como Windows

Multifrankenstein en acción! Poña un na súa vida!
Dende facer o sonámbulo -posición perfecta boriskarloffiana- até un festeiro congueiro, as posibilidades dun amable e amigábel “Frankie” semella ampla e variada. Lonxe fica aquela imaxe adusta e temíbel do demo de Mary Shelley. O tempora, o mores! Todo fica atemperado pola pátina divina de Kronos.