Lixeirezas
Unha inimizade histórica: China-Xapón
A historia das relacións entre os dous paises e tribus é cruel e sanguinaria, cunha pleíade de enfrontamentos bélicos por medio que foron marcando un distanciamento proverbial e antagónico. Moitas vidas humanas ficaron no camiño dos desencontros e o imperialismo.
Semella que nesta segunda década do século XXI os chineses tentan devolver a xogada do imperialismo e a invasión de xeito menos violento, pero tampouco nada sutil.
O imparábel e desordenado crecemento económico chinés produce situacións ridículas que aos nosos ollos de demos occidentais provocan o sorriso amplo.
→Máis imaxes para o sorriso aquí←
Pero aos chineses non lles parece nada divertido; eles toman moi en serio os remedos e enredos de marcas e produtos… O cal non fai máis que aumentar a nosa hilaridade mentres que pouco a pouco medra a faldriqueira chinesa.
E sen embargo, semella que nestas prácticas tamén son mestres algúns británicos como amosamos na columna da dereita… En todas partes cocen fabas.
O que vai dunha moto Kawasaki a outra cousa nominalmente remedada
Aos orgullosos e flamantes moteiros donos dunha Kawasaki, prestigiosa e recoñecida marca xaponesa de bestias de dúas rodas e potentes motores, prodúcenos unha non disimulada risa e cachondeo ver como algúns moteiros británicos seguen as prácticas de xogos nominais como a que ilustra a seguinte imaxe…
Pero por moito que o tente esta Kwikasfaki, Kwikasfaki fica per saecula saeculorum.