Semana 16/22 decembro 2013
Os ‘Golpes Bajos’ de Germán Coppini, cecais os compoñentes máis xenuinos da ‘Movida Viguesa’, entre o puro extremo de ‘Siniestro Total’ e o “soft porn pop” de ‘Semen Up’ de Comesaña, e axeitados bos compañeiros de traballo e escenario dos reixanos ‘Resentidos’ , teñen este tema entre os doscientos mellores temas do pop das tribus ibéricas, segundo a revista ‘Rolling Stone España’.
Ainda que isto das listas sempre é moi aleatoriamente subxectivo, neste caso, e dado o carácter histórico na música popular ibérica que ten a ‘Movida Viguesa’, a súa inclusión nesa lista 200 está máis que xustificada.
Coarenta e tres años de existencia da banda ‘America’ . O que nun comezo fora unha aventura de ‘teenagers’ -curiosamente nacida en Londres, onde por avatares da vida familiar vivían Gerry Beckley, Dewey Bunnell, and Dan Peek- convertiuse nun dos hitos máis harmónicos da historía da música popular.
Esta semana queremos ‘Cruzar o río’ con eles, e conducir placidamente pola pintoresca e escénica ‘Ventura Highway’ para desfrutar das súas ligadas e inspiradoras melodías. E facémolo dende o noso total rendemento a súa grandeza musical, tan simple e atractiva que fai que non pase o tempo por ela. E algo más que “un cabalo sen nome”, moito máis.
O ‘Soul’ é tan grande e marabilloso que pode incluso engrandecer aínda máis o legado dos The 4 Fabs de Liverpool.
A desgarrada forza de The Four Tops, mesmo tan top como os de Liverpool, fai deste ‘Eleanor Rigby’ un intre, se cabe, máis intenso e hiperrealista da azarosa e triste historia de Eleanor que Paul McCartney nos regalou orixinalmente aló polo 1966.
Importante: estas músicas son para o desfrute do espíritu musical de cada un, non para o desfrute das descargas compulsivas. Non se pode descargar nada. Se lle agrada a vostede algo, penso que debería mercalo.