Lada, o Seat do Telón de Aceiro
O que a marca SEAT supuxo para o desenrolismo tardo franquista e a motorización das tribus ibércicas, a marca LADA da compañía rusa АвтоВАЗ foi para toda a esféra socio-política do Telón de Aceiro soviético das derradeiras décadas do século pasado. Os coches LADA foron a fonte de mobilidade das clases máis acomodadas -dentro do utópico e inexistente desclasismo soviético- e cercanas aos partidos comunistas das diferentes tribus tapadas por aquel telón máis que de aceiro de pura frialdade entre os seres humanos.
Os modelos máis celebrados e populares, incluso na Europa dos Mercedes Benz e os BMW, foron o Lada 1600 -reminiscente dos FIAT e SEAT 124- e o 4X4 NIVA...
→Máis imaxes de modelos LADA aquí←
A palabra LADA en ruso antiguo (Лада) representaba a un barco pirata -e neste caso a compañía АвтоВАЗ no fixo ningunha piratería de tipo chinés- senón que sempre traballou con licenzas italianas ou doutras tribus.
Como no caso dos SEAT, o maior problema dos LADA foi o do cabalaxe, sempre mínimo pero aproveitados até o últimos newtons. Semella que o exemplo que amosamos na columnda da dereita tamén ten algúns problemas de cabalos...
Un veterán LADA dun só cabalo
Os LADA 1600 sempre foron considerados duradeiros e lonxevos... escasos de potencia e con poucos cabalos. Co paso dos anos, semella que incluso os cabalos rarean máis, e este que ilustra este artigo de lembranza ten auténticos problemas de potencia e estética; mais non de utilidade e emoción automobilista.
Kit de fábrica interactiva LADA, con coches produto ídem e plataformas de transporte de ídem para o divertimento ferroviario TRAINZ
Realizado por Alberte Zato
https://www.auran.com/TRS2004/DLS_packcontents.php?AssetPackID=8064