O Doutor Frankenstein de Mary Shelley
Foi a escritora gótica-romántica londinense Mary Shelley a que elaborou a magnífica trama frankensteiniana -a primeira novela tildada de ciencia ficción na historia da literatura- na súa obra de 1818 "Frankenstein or The Modern Prometheus".
Mary Shelley
En plena euforia polos experimentos eléctricos e de galvanización, Shelley presenta ao principal protagonista da historia: O doutor Frankenstein -científico teimudo na creación dun ser humano, demasiado humano de xeito ídem, deixando a divinidade esquenzida e ridiculizada polos albores da ciencia-.
Primeiros experimentos do físico italiano Liugi Galvani
A criatura unida e cosida groseramente polo doutor Frankenstein nunca tivo nome concreto: Na obra aparece nomeadamente como "criatura", "monstro", "malvado", "vil insecto", "demonio", "ser" o "ello", entre outras lindezas.
Gravado da edición de 1831 da obra amosando á "criatura" de Shelley
Non foi até despois das celebradas versións cinematográficas dos anos trinta do século pasado, onde o actor Boris Karloff presentaba a un monstro máis burdamente cosido e puzzleado, cando a cultura popular comezou a denominar á criatura co nome do seu creador "Frankenstein".
Boris karloff, caraterizado como monstro de Frankestein con "sofisticados" tornillos incluidos
![]()
Dende entón até esta segunda década do século XXI ten formado parte da cultura popular dos monstros máis celebrados, e incluso queridos e usados para a parodia e os disfrazes. Semella que "Frankie" ademais serve para casi todo como xocosamente amosamos na columna da dereita... 
Un monstro multi-tarefa, como Windows

Multifrankenstein en acción! Poña un na súa vida!
Dende facer o sonámbulo -posición perfecta boriskarloffiana- até un festeiro congueiro, as posibilidades dun amable e amigábel "Frankie" semella ampla e variada. Lonxe fica aquela imaxe adusta e temíbel do demo de Mary Shelley. O tempora, o mores! Todo fica atemperado pola pátina divina de Kronos.
