Cousas
Lada, o Seat do Telón de Aceiro
O que a marca SEAT supuxo para o desenrolismo tardo franquista e a motorización das tribus ibércicas, a marca LADA da compañía rusa АвтоВАЗ foi para toda a esféra socio-política do Telón de Aceiro soviético das derradeiras décadas do século pasado. Os coches LADA foron a fonte de mobilidade das clases máis acomodadas -dentro do utópico e inexistente desclasismo soviético- e cercanas aos partidos comunistas das diferentes tribus tapadas por aquel telón máis que de aceiro de pura frialdade entre os seres humanos.
Os modelos máis celebrados e populares, incluso na Europa dos Mercedes Benz e os BMW, foron o Lada 1600 -reminiscente dos FIAT e SEAT 124- e o 4X4 NIVA…
→Máis imaxes de modelos LADA aquí←
A palabra LADA en ruso antiguo (Лада) representaba a un barco pirata -e neste caso a compañía АвтоВАЗ no fixo ningunha piratería de tipo chinés- senón que sempre traballou con licenzas italianas ou doutras tribus.
Como no caso dos SEAT, o maior problema dos LADA foi o do cabalaxe, sempre mínimo pero aproveitados até o últimos newtons. Semella que o exemplo que amosamos na columnda da dereita tamén ten algúns problemas de cabalos…
Un veterán LADA dun só cabalo
Os LADA 1600 sempre foron considerados duradeiros e lonxevos… escasos de potencia e con poucos cabalos. Co paso dos anos, semella que incluso os cabalos rarean máis, e este que ilustra este artigo de lembranza ten auténticos problemas de potencia e estética; mais non de utilidade e emoción automobilista.
Kit de fábrica interactiva LADA, con coches produto ídem e plataformas de transporte de ídem para o divertimento ferroviario TRAINZ
Realizado por Alberte Zato
https://www.auran.com/TRS2004/DLS_packcontents.php?AssetPackID=8064
Unha inimizade histórica: China-Xapón
A historia das relacións entre os dous paises e tribus é cruel e sanguinaria, cunha pleíade de enfrontamentos bélicos por medio que foron marcando un distanciamento proverbial e antagónico. Moitas vidas humanas ficaron no camiño dos desencontros e o imperialismo.
Semella que nesta segunda década do século XXI os chineses tentan devolver a xogada do imperialismo e a invasión de xeito menos violento, pero tampouco nada sutil.
O imparábel e desordenado crecemento económico chinés produce situacións ridículas que aos nosos ollos de demos occidentais provocan o sorriso amplo.
→Máis imaxes para o sorriso aquí←
Pero aos chineses non lles parece nada divertido; eles toman moi en serio os remedos e enredos de marcas e produtos… O cal non fai máis que aumentar a nosa hilaridade mentres que pouco a pouco medra a faldriqueira chinesa.
E sen embargo, semella que nestas prácticas tamén son mestres algúns británicos como amosamos na columna da dereita… En todas partes cocen fabas.
O que vai dunha moto Kawasaki a outra cousa nominalmente remedada
Aos orgullosos e flamantes moteiros donos dunha Kawasaki, prestigiosa e recoñecida marca xaponesa de bestias de dúas rodas e potentes motores, prodúcenos unha non disimulada risa e cachondeo ver como algúns moteiros británicos seguen as prácticas de xogos nominais como a que ilustra a seguinte imaxe…
Pero por moito que o tente esta Kwikasfaki, Kwikasfaki fica per saecula saeculorum.
Nube de contidos
Portada Musical
A portada musical dende Vladivostok
Cortesía de Verushka, noiva de Olivio Ninguén
Efemérides
31 Outubro dende fai moitos anos:
Non só de Hallowe’en viven os mortos.
Broma do Samaín quebecán
Podcast
Unha cita
Sempre é curioso ver como xurden por arte de maxia funeraria os seguidores de Lou Reed; como cando levantas unha pedra e aparecen un par de alacráns, curioso, curioso o do ‘People’s Wild Side’!
Viñeta do vigués Luís Davila
Despedida Musical
A Despedida musical
Nube de contidos
Portada Musical
A portada musical dende Vladivostok
Cortesía de Verushka, noiva de Olivio Ninguén
Efemérides
17 Octubre 2004:
Valentino Rossi gana el mundial de MotoGP y Dani Pedrosa se convierte en el piloto más joven del mundo campeón de 250 cc.
Podcast
Unha cita
Márquez pone en riesgo a los otros pilotos
Despedida Musical
A Despedida musical
[vc_row el_position=”first last”] [vc_column width=”2/3″] [vc_column_text el_position=”first last”]
Semella doado pero… A ver quen aprende de memoria un dos máis importantes e profundos pensamientos filosóficos dos tempos que nos toca vivir!:
[/vc_column_text] [/vc_column] [vc_column width=”1/3″] [vc_row_inner el_position=”first”] [vc_column_inner] [/vc_column_inner] [/vc_row_inner] [vc_row_inner] [vc_column_inner] [vc_text_separator title=”Dando ideas” title_align=”separator_align_center” el_position=”first last”] [/vc_column_inner] [/vc_row_inner] [vc_column_text el_position=”last”]
Que a vostede non lle veñen á testa estas ideas e querería telas sen moito esforzo?
Non se preocupe porque a vida da segunda década do século XXI é máis doada para os escasos de ideas brillantes.
Con este creador de textos simulados pode vostede incluso parafrasear a Kafka, e se quere ser menos abstruso reescribir O Quixote, se é que ten prurito de perder o tempo, que é unha das actividades lúdicas máis aconsellabéis para calquera ser humano.
http://www.blindtextgenerator.com/es
[/vc_column_text] [/vc_column] [/vc_row]