Contidos do programa 36
Nube de contidos
Podcast
Youtubeando
Na Rede
Unha cita
Que por que estamos na capital de Mordovia, Saransk? Pois simplemente porque o inefábel Gerard Depardieu empadronouse aló para comezar a facer o oso pardiño sen saber nin dous palabras de ruso, e ademais queremos incordiar un pouco pola estepa rusa…
Discoteca
Semana 16/22 decembro 2013
Os ‘Golpes Bajos’ de Germán Coppini, cecais os compoñentes máis xenuinos da ‘Movida Viguesa’, entre o puro extremo de ‘Siniestro Total’ e o “soft porn pop” de ‘Semen Up’ de Comesaña, e axeitados bos compañeiros de traballo e escenario dos reixanos ‘Resentidos’ , teñen este tema entre os doscientos mellores temas do pop das tribus ibéricas, segundo a revista ‘Rolling Stone España’.
Ainda que isto das listas sempre é moi aleatoriamente subxectivo, neste caso, e dado o carácter histórico na música popular ibérica que ten a ‘Movida Viguesa’, a súa inclusión nesa lista 200 está máis que xustificada.
Coarenta e tres años de existencia da banda ‘America’ . O que nun comezo fora unha aventura de ‘teenagers’ -curiosamente nacida en Londres, onde por avatares da vida familiar vivían Gerry Beckley, Dewey Bunnell, and Dan Peek- convertiuse nun dos hitos máis harmónicos da historía da música popular.
Esta semana queremos ‘Cruzar o río’ con eles, e conducir placidamente pola pintoresca e escénica ‘Ventura Highway’ para desfrutar das súas ligadas e inspiradoras melodías. E facémolo dende o noso total rendemento a súa grandeza musical, tan simple e atractiva que fai que non pase o tempo por ela. E algo más que “un cabalo sen nome”, moito máis.
O ‘Soul’ é tan grande e marabilloso que pode incluso engrandecer aínda máis o legado dos The 4 Fabs de Liverpool.
A desgarrada forza de The Four Tops, mesmo tan top como os de Liverpool, fai deste ‘Eleanor Rigby’ un intre, se cabe, máis intenso e hiperrealista da azarosa e triste historia de Eleanor que Paul McCartney nos regalou orixinalmente aló polo 1966.
Importante: estas músicas son para o desfrute do espíritu musical de cada un, non para o desfrute das descargas compulsivas. Non se pode descargar nada. Se lle agrada a vostede algo, penso que debería mercalo.
Contidos do programa 134
Eric Clapton’s
Crossroads Guitar Festival 2013:
Madison Square Garden, NYC, April 2013
Eric Clapton
Vince Gill
Los Lobos
Keith Richards
Buddy Guy
Robert Randolph
Quinn Sullivan
The Robert Cray Band
B.B. King
Jimmie Vaughan
Booker T.
Steve Cropper
Keb’ Mo’
Blake Mills
Matt “Guitar” Murphy
Albert Lee
e moitos máis…
Nube de contidos
Podcast
Youtubeando
A edición do 2004 completa
Na Rede
Unha cita
O que para algún non será senón unha reunión de “vellos” guitarristas de valla de obra, para moitos de nós é un autentico espectáculo de supertalentos musicais aglutinados en torno á xa histórica figura do que ten sido proclamado o guitarrista máis influinte da música popular de tódolos tempos, Eric Patrick Clapton …
Discoteca
Nube de contidos
Portada Musical
A portada musical dende Vladivostok Cortesía de Verushka, noiva de Olivio Ninguén
Co gallo da publicación da remasterización 2013 dun clásico e parte da historía da música popular. Dedicada a tódolos rocanroleiros… |
Efemérides
O 12 de decembro de 1901:
Guiglielmo Marconi consigue a primeira comunicación radiofónica trasatlántica.
Podcast
Unha cita
Nin EUA coma país e tribu nin ningún dos seus dirixentes poden dar leccións éticas de liberdades individuais mentres que segan a manter a vergoña universal da base prisión de Guantánamo -exemplo imperialista en terreo cubano da total carencia de legalidade e humanidade.
O ridículo esperpento amosado por moitos dirixentes “mandelistas de toda a vida de pega’ nos actos en memoria de Nelson Mandela ponlles no sitio hipócrita que lles corresponde. En concreto Melson Mandela estaba incluído nas listas EUA de terroristas perigosos até o 2008, case anteonte !
Despedida Musical
A Despedida musical
Delicatesse
Semana 9/15 decembro 2013
China Crisis -un dos paradigmas desa música Techno de tendencia durante tantos anos de século pasado- non é un grupo menor pola súa menor presenza na memoria colectiva das músicas dos anos oitenta.
O seu estilo elegante por simplista, efectivo por claro e emotivo por lírico dan a este xénero musical tan apreciado por moitos/as oitenteiros/as unha tonalidade especial e íntima.
![51JDiA-q8-L._SL500_AA280_[1]](http://zatovisualworks.eu/blog/wp-content/uploads/2013/12/51JDiA-q8-L._SL500_AA280_1.jpg)
Todo o que se queira dicir xa de Chuck Berry a estas alturas da súa película lexendaria pode soar oco e sen calado. Pero os que escoiten este tema instrumental, tan simple e tan fermosamente pintado con acordes e ‘pickings’ clásicos do estilo berriano, poderán voltar a soñar con que Chuck segue entre nós e ‘duckstepping all night long’.
Tan simple e asemade tan polícromo como o rockin’ boogie pode selo.
![1245430135_64ab228348a0a999b5aec010.l[1]](http://zatovisualworks.eu/blog/wp-content/uploads/2013/12/1245430135_64ab228348a0a999b5aec010.l1.jpg)
The Cranberries foron, e son, todo un furacán xurdido da marabillosa musicalidade desa Irlanda tan pequena pero tan grande musicalmente. Esa mestura entre a lírica naïve da voz de Dolores O’Riordan -non exenta da dureza necesaria para sobrevivir a ferocidade do mundo rock- e a potencia eléctrica e rítmica dos seus compañeiros Hogans e Lowler na súa exitosa aventura musical dende a última década do século XX.
Etiquetados de xeito variado -indie rock, alternative rock, celtic rock, dream pop, jangle pop e quen sabe que cousas máis- eles simplemente din que son “irlandeses en busca do acorde perdido no verdor da música popular”.
Importante: estas músicas son para o desfrute do espíritu musical de cada un, non para o desfrute das descargas compulsivas. Non se pode descargar nada. Se lle agrada a vostede algo, penso que debería mercalo.